Adaptan Metal Slug ao iPhone

martes, 29 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados aos xogos de máquinas recreativas teñen un novo título no iPhone que polo momento só está dispoñible nos EE.UU. a un prezo de 4,99 dólares pero que é de agardar que nos vindeiros días chegue a España (presumiblemente a 3,99 euros), e que non é nada menos que unha conversión do clásico Metal Slug.
Metal Slug Touch conserva os gráficos da máquina recreativa orixinal, pero sorprende por non permitir controlar ao soldado protagonista, senón que manexaremos o tanque e o avión que aparecían en certos momentos da recreativa, e que desta volta móvense facendo uso do acelerómetro e combinando este sistema de control coa pantalla táctil do terminal (para realizar disparos e saltos). Unha curiosa revisión dun título que saltou a numerosas plataformas nos últimos anos, e que agora ten unha adaptación con certo carácter diferencial.


Demostración do xogo no iPhone/iPod Touch

PUBLICIDADE