Adaptador para dotar de Bluetooth estéreo ao iPhone e aos iPod

xoves, 17 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Á popular tenda virtual de Brando veñen de incorporar un accesorio para o iPhone que vén de solucionar unha das principais eivas do dispositivo, incorporando ao mesmo conectividade A2DP, ou sexa Bluetooth estéreo, de xeito que conectando un pequeno adaptador de só 5 gramos de peso podemos facer que o móbil de Apple envío sen fíos a música que se reproduza no mesmo a auriculares Bluetooth ou ao equipos de son de moitos automóbiles.
O transmisor de audio Bluetooth véndese por 62 dólares (39,68 euros), non precisa cargarse (xa que se alimenta directamente do iPhone), soporta funcións de manexo do dispositivo multimedia (entende as instrucións de reprodución, pausa, avance, retroceso e cambio de volume) e incluso é compatible con outros reprodutores de Apple coma o iPod Touch, o iPod nano, o iPod mini ou o iPod Video.

PUBLICIDADE