Actualizan o cadro de xogadores do NBA Jam de Super Nintendo
mércores, 18 de xaneiro do 2017
O xogo NBA Jam de
Midway converteuse en todo un clásico que en 1993 causou furor en salóns
recreativos e consolas de videoxogos, e aÃnda que nos últimos
anos puidemos velo en dispositivos móbiles, o retorno que está a ver estes
dÃas é moito máis rechamante, xa que veñen de distribuÃr a través da Internet
unha copia modificada da súa versión para a consola Super Nintendo da que
podemos gozar a través dalgún dos moitos emuladores de SNES.
Esta revisión do xogo recibe por
nome NBA Jam 2K17 e manterÃa as
mecánicas de xogo do tÃtulo orixinal, pero contarÃa con cadros de xogadores
actualizados a 1 de xaneiro de 2017, ou sexa, que poderiamos xogar cos 30
equipos da NBA actuais (incluÃndo os que non estaban na competición cando saÃu
o xogo orixinalmente) e os 117 xogadores da NBA máis destacados (incluÃndo a
Lebron James, Russell Westbrook, Steph Curry e moitos outros) coa posibilidade
de desbloquear a xogadores de lenda como Michael Jordan, Kobe Bryant, Scottie
Pippen... asà como algúns personaxes a xeito de broma, como Hillary Clinton,
Donald Trump, Kayne West e mesmo o gorila Harambe (asasinado no zoolóxico de
Cincinnati o ano pasado, converténdose en toda unha icona na Internet).
- NBA Jam 2K17 é unha divertida actualización dun clásico
VÃdeo promocional de NBA Jam 2K17