Activision sortea 5 consolas Xbox 360 e 50 copias do xogo de Kung Fu Panda

luns, 14 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A chegada ás carteleiras cinematográficas das divertida película Kung Fu Panda vén acompañada cun videoxogo para Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, PC, Nintendo DS e Wii, que se vende a prezos de entre 29,95 e 59,95 euros (segundo a versión) e que nos permite revivir as aventuras da película tomando o papel do panda Po, e contando coa axuda dos seus amigos, o mestre Shifu, Tigresa, Mono, Víbora, Grulla e Mantis para enfrontarse finalmente ao malvado Tai Lung.
Para celebrar a comercialización deste xogo, Activision estrea unha páxina web dende a que se pode descargar a súa demo para PC, ver vídeos e imaxes, descargar fondos de escritorio, widgets, iconas e banners, gozar dun minixogo e mesmo participar no sorteo de 5 consolas Xbox 360 Arcade e un total de 50 copias do xogo na súa versión de Xbox 360.

PUBLICIDADE