Achegan máis dun millón de dólares en 24 horas para o desenvolvemento dun videoxogo
xoves, 9 de febreiro do 2012
No pasado temos comentado algúns
proxectos baseados no crowd funding
a través da plataforma Kickstarter, tratándose habitualmente de produtos
fÃsicos, pero non ten por qué ser asÃ, como vén de demostrar a xente de Double Fine Productions, estudo de videoxogos
que optou
por esta canle de financiamento para o seu vindeiro tÃtulo, aspirando a
conseguir 400.000 dólares para levalo adiante, o que conseguiron en só 8 horas
e mesmo superaron o millón de dólares recadados en menos de 24 horas, rachando
con todas as marcas anteriores en Kickstarter.
Hai que destacar que o máximo responsable de Double Fine é todo un veterano da
industria, Tim Schafer, quen fixo historia con grandes xogos como Day of the Tentacle, Full Throttle e Grim Fandango, e promete agora recuperar este xénero (o dos point and click) e adaptalo aos novos
tempos.
Este novo xogo desenvolverase durante 6-8 meses, proceso que poderá seguirse na
Rede, e do que moitos poden formar parte con achegas económicas que van dende
os 15 dólares (o que dá dereito a descargar o xogo a través de Steam dende a
súa versión de proba). Os usuarios que opten por pagar 30 dólares tamén poderán
facerse cunha serie de documentais en alta definición sobre o xogo e á súa
banda sonora; os que paguen 100 dólares conseguiran un poster exclusivo do xogo; quen acheguen 250 dólares terá un dos
posters anteriores asinado polo equipo de deseño do xogo (incluÃndo a Tim
Schafer e Ron Gilbert); quen pague 1.000 dólares farase cun retrato da súa
persoa debuxado polo artista do xogo; quen pague 5.000 dólares 5.000 dólares poderá
facerse cun debuxo orixinal empregado no xogo definitivo; e, finalmente, quen
paguen 10.000 dólares poderá cear con Tim Schafer e Ron Gilbert e visitar as
oficinas de Double Fine.
VÃdeo de presentación do proxecto de Double Fine en Kickstarter