Acer presenta novos móbiles con Android 4.0

martes, 21 de agosto do 2012 Marcus Fernández

De cara á feira IFA que botará a andar en Berlín o vindeiro día 31, Acer anuncia un par de smartphones, o Liquid Gallant e o Liquid Gallant Duo (este último contaría con dobre SIM) que chegarán co sistema operativo Android 4.0.4, pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, procesador MTK 6575 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de ROM, cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático, flash LED e gravación de vídeo a 720p, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, receptor de radio FM, GPS, micro-USB, batería de 1.500 mAh, unhas dimensións de 129 x 65,5 x 9,9 milímetros e un peso de 145 gramos.
Aínda que normalmente entre as presentacións nas feiras e a chegada ao mercado dos dispositivos tenden a pasar meses, nesta ocasión os novos Liquid Gallant comezarán a chegar ás tendas en dúas cores (negro e branco) a partir de setembro na súa versión con dobre SIM, chegando pouco despois a versión para unha única tarxeta SIM.

PUBLICIDADE