Acer porá á venda un smartphone con procesador de 4 núcleos e un prezo axustado
xoves, 25 de abril do 2013
O fabricante taiwanés Acer continúan a afondar no sector da
telefonÃa móbil con dispositivos con Android, sendo o seu último smartphone en ver
a luz o Acer Liquid E2, que pode considerarse con un dos dispositivos con procesador
de catro núcleos máis asumibles do mercado, xa que espérase
que este móbil chegue libre ao mercado a un prezo duns 229 euros (estando
España entre os paÃses nos que vai comercializarse).
O Acer Liquid E2 chega co mencionado procesador de catro núcleos a 1,2 GHz,
pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 450 pÃxeles, 1 Gb de
RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, cámaras
de 8 e 2 MpÃxeles, HSPA+, Wi-Fi, Bluetooth 3.0, radio FM, dous altofalantes
traseiros (que resultan bastante rechamantes e prometen son DTS), baterÃa de
2.000 mAh, a posibilidade de funcionar con dobre SIM e con Android 4.1. Unha
opción a ter en conta para os que desexen un smartphone libre sen apuntar á alta
gama.
- O novo smartphone de Acer chegará tanto en branco coma en negro