Acer incorpora procesador de 64 bits e LTE no seu novo smartphone de gama media

mércores, 10 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Os novos procesadores están a facilitar que cada vez teñamos no mercado máis smartphones con bo rendemento e conectividade 4G a un prezo axustado, sendo o último en preparar o seu lanzamento o Acer Liquid Jade S, que a semana que vén porase á venda en Taiwán por 6.990 dólares (181 euros), para chegar logo á India, descoñecéndose cando chegará aos mercados occidentais.
Non estamos precisamente ante un terminal de gama baixa, pois este novo smartphone que porase á venda en 4 cores distintas non só chega con conectividade LTE que permite descargas até a 150 Mbps, senón que tamén está equipado cun procesador MediaTek MT6752M de 8 núcleos a 1,5 GHz e 64 bits, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable), pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cámara traseira de 13 Mpíxeles e Android 4.4.4. En conxunto parece un excelente terminal, cun deseño redondeado que dá a entender que ten un agarre confortable, que pode ter unha boa autonomía grazas á súa batería de 2.300 mAh, e que consegue conter o seu grosor en 7,78 milímetros e o seu peso en 116 gramos.

O smartphone estará dispoñible en varias cores

PUBLICIDADE