Acer fai público o primeiro tablet de 8 polgadas con Windows 8
luns, 20 de maio do 2013
O rumoreado Acer
Iconia W3 confÃrmase como un produto real, e na propia páxina web
do seu fabricante figura como o primeiro dispositivo con pantalla de 8 polgadas
con Windows 8, polo que serÃa unha boa opción para quen queira ter en
formato tablet un ordenador completo que poder transportar comodamente e utilizar
con grande versatilidade. O Iconia W3 inclúe Microsoft Office, polo que
facilita o uso de ferramentas como o Word, Excel ou PowerPoint en mobilidade,
conta cun teclado fÃsico opcional que pode facer de base do tablet para o seu
uso no escritorio, integra micro SD para poder achegarlle ficheiros externos,
pode conectarse a pantallas externas a través de micro HDMI e incluso conta con
conectividade micro USB 2.0 e Bluetooth 4.0.
Este tablet de Acer funciona cun procesador Intel Atom Z2760 (o que permÃtelle
operar con Windows 8 Pro), 2 Gb de RAM e 32/64 Gb de almacenamento interno, a
súa pantalla de 8,1 polgadas ten un formato de 16:10 cunha resolución de 1.280
x 768 pÃxeles, e presume de ter autonomÃa dabondo para poder reproducir vÃdeo a
720p durante ata 8 horas.
Dende Amazon colocaban o prezo deste tablet con Windows 8 en 379,99 dólares (295,46
euros), o que poderÃa supor a chave do seu futuro éxito, pois serÃa unha
magnÃfica alternativa aos tablets actuais, pois cun prezo lixeiramente superior
ao dun iPad mini achegarÃa un dispositivo que poderÃa funcionar como un
ordenador completo. É moi posible que chegue ao mercado o mes que vén.