Acer estrea móbil con Android 2.1

mércores, 7 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A aposta de Acer polo sistema operativo móbil Android concrétase no lanzamento este mes en España do móbil Acer Stream, que sairá á venda libre por 499 euros e que trátase dun terminal na liña do Nexus One, cunha pantalla AMOLED de 3,7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, un procesador Snapdragon a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 2 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb (inclúe unha de 8 Gb), cámara de 5 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 720p, saída miniHDMI, toma de auriculares es´tandar, radio FM, GPS, compás dixital, Wi-Fi N, Bluetooth, batería de 1.400 mAh, unhas medidas de 119,5 x 63 x 11,2 milímetros e un peso de 140 gramos.
Este interesante móbil vén co Android 2.1 cunha capa de personalización chamada Acer Touch 3D, que integra as principais redes sociais e conta cun deseño diferente ao que estamos afeitos. Tamén inclúe aplicacións precargadas coma Acer Spinlets (servizo de streaming musical de balde), o nemo Player (reprodutor multimedia) ou Acer urFooz (ferramenta que crea unha réplica virtual do usuario para compartila en redes sociais). Tamén integra a Facebook e a Twitter na axenda do móbil.

PUBLICIDADE