Acer anuncia o seu primeiro tablet PC con Windows 8
xoves, 4 de outubro do 2012
Acer vén de anunciar que
acompañando ao lanzamento do Windows 8 o vindeiro dÃa 26 vai pór á venda o seu Acer
Iconia W700, que chega coa potencia dun ordenador portátil na forma dun
tablet e que terá
un prezo nos EE.UU. de entre 799,99 e 999,99 dólares.
Este equipo que funciona con Windows 8 conta cun procesador Intel Core de nova
xeración (i3 e i5, segundo o modelo), pantalla IPS de 11,6 polgadas cunha
resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles e detección de ata 10 puntos, gráfica Intel
HD 4000, saÃda micro HDMI (cun adaptador a VGA para poder empregar proxectores
de vÃdeo), unidade SSD de 64 ou 128 Gb, inicio rápido (6 segundos) saÃndo de
repouso en aÃnda menos tempo (1,5 segundos), cámara traseira de 5 MpÃxeles e
cámara frontal que permite capturar vÃdeo a 720p, Wi-Fi N e unha baterÃa que
achégalle unha autonomÃa de ata 8 horas.
O Acer Iconia W700 inclúe un soporte ao que conectarse para facilitar o seu uso
cunha inclinación de 70 graos (pensando na visualización de contidos) ou de 20
graos (para utilizalo de xeito táctil sobre unha mesa). Tamén facilita a
colocación do tablet en vertical para funcións de navegación web e lectura.
- O Acer Iconia W700 vén cun soporte para facilitar o seu uso en inclinacións de 20 e 70 graos