Acer ICONIA, novo equipo con 2 pantallas táctiles

martes, 23 de novembro do 2010 Marcus Fernández

O concepto de tablet de dobre pantalla que achegaba Courier vén de ser recuperado por Acer e o seu novo ICONIA, equipo que con 2 pantallas táctiles de 14 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles cada unha pretende combinar prestacións de tablet cun formato de portátil tradicional que funciona cun procesador Intel Core i5, 4 Gb de RAM, de 320 a 750 Gb de disco duro, tarxeta gráfica Intel HD con saídas VGA e HDMI, webcam, 2 portos USB 2.0, 1 porto USB 3.0, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, 3G, Bluetooth 3.0 e sistema operativo Windows 7, que pese a alzarse coma un produto revolucionario e atractivo, ten un par de elementos que ensombrecen o seu anuncio, coma o feito de que a súa batería só teña 4 celas (o que permitiría unha autonomía de só 2-3 horas) e o seu prezo fose duns 2.200 euros (polo que é de agardar que a súa distribución estea moi limitada).

Unha das pantallas táctiles do Acer ICONIA poder facer ás veces de teclado virtual

PUBLICIDADE