Acclaim prepara un xogo de rock baseado en web

venres, 28 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O éxito de Rock Band e Guitar Hero levou a Acclaim Games a lanzar ROCKFREE, un xogo gratuíto, baseado en web e multiusuario que permitirá conectar á xente a través da música e a socialización, e do que poderemos ver un adianto este sábado.
Os xogadores poderán personalizar o seu avatar, abrir clubs de rock e enfrontarse a outras persoas de todo o mundo. Esta versión de proba incluirá 3 cancións: Iron Man, Fat Lip e Woman, ás que se engadirán outras 40 novas cancións producidas para o xogo.
A principal vantaxe do novo xogo é que ao ser de balde é posible botar unha partida sen ter que facer un investimento importante nun xogo orixinal e nos seus instrumentos, aínda que obtendo unha experiencia de uso menos realista e gratificante (xa que coma interface se utiliza o teclado do ordenador).

PUBLICIDADE