Accesorio para utilizar Kinect en espazos reducidos
luns, 6 de xuño do 2011
Un dos grandes
problemas que hai para empregar a cámara de Kinect na Xbox 360 é que debemos
separarnos varios metros da mesma para que a súa cámara poida captar o noso
corpo completo, o que non está ao alcance de moitos usuarios que non teñen
salóns ou dormitorios amplos, e para solucionar tal problema Nyko
vai comercializar Zoom, un par de
lentes que se conectan á cámara de Kinect e que permitirá reducir a distancia
precisa entre a cámara e o usuario un 40%.
Supomos que esta orixinal solución distorsionará a imaxe de xeito que non serÃa
moi recomendable para usos como as videoconferencias, pero deberÃa operar sen
moito problema para o recoñecemento de movementos.