Abu Simbel Profanation adaptarase a iOS

mércores, 28 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Víctor Ruiz, creador do xogo Abu Simbel Profanation, co fundador de Dinamic e director dos estudios de FX Interactive, presentará este venres ás 13:15 horas en Madrid unha nova versión do seu xogo, acompañado por Fernando Cabello, programador desta revisión do xogo que está a desenvolverse para iOS, polo que contará cun innovador sistema de control que aporta a precisión necesaria para reproducir en pantallas táctiles a mítica xogabilidade do clásio que en 1985 chegou a ordenadores ZX Spectrum, Amstrad CPC, MSX e Commodore 64.
O xogo Abu Simbel Profanation recupera a Johny Jones, protagonista dos anteriores Saimazoom e Babaliba, que nesta ocasión viaxará a Exipto, onde é vítima dunha maldición que o converte nunha estraña criatura, e para liberarse da maldición e recuperar a súa forma humana terá que afondar na tumba de Abu Simbel e superar toda unha serie de trampas e obstáculos. Como o resto de títulos desta saga, a meirande parte dos xogadores lembrarán a súa elevada dificultade, o que tamén era un signo de identidade dos xogos de tal década, xa que tiñan como referente as máquinas recreativas, nas que as partidas curtas eran a base do seu modelo de negocio, en contraste coas mecánicas actuais, nas que a dificultade relaxouse ata o extremo de ser realmente complicado caer derrotado nos distintos xogos de consola.

A portada do xogo orixinal é obra de Azpiri

PUBLICIDADE