Ábrese a inscrición para participar como público na segunda edición de MexilOnseTuits

mércores, 27 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O Festival Social Media de Galicia, MexilOnseTuits, renovou nos pasados días a súa páxina web de cara á celebración da súa segunda edición, que terá lugar en Bueu o vindeiro 2 de xuño, e para a que veñen de abrir o prazo de inscrición para acudir como público (para o que haberá que aboar 20 euros, o que inclúe xantar e acceso a outras actividades), mentres que os proxectos que queiran optar aos premios deste evento poderán presentar a súa candidatura entre o 1 de abril e o 5 de maio.
Este festival recoñecerá a mellor campaña en canles sociais, o mellor vídeo viral, a mellor campaña de baixo custo a mellor axencia do ano e aos mellores blogs nas categorías de moda, turismo, gastronomía, tecnoloxía e información/cultura.
Este encontro que conta coa axuda da Federación de Comerciantes do Morrazo (FECIMO) e o Concello de Bueu, busca destacar tanto os mellores traballos galegos de marketing en redes sociais como dar visibilidade da Rede á Comarca do Morrazo, demostrando un ano máis que “a batea 2.0 móvese”.

PUBLICIDADE