Ábrense as reservas de Grand Theft Auto V
luns, 5 de novembro do 2012
- Imaxe coa que se deu a coñecer que GTA V verá a luz en primavera
A semana confirmouse que o agardado xogo Grand
Theft Auto V estreará as súas versións para
Xbox 360 e PlayStation 3 a vindeira primavera, de xeito que nos
vindeiros meses dende os estudos Rockstar North irán debullando detalles sobre
esta entrega da saga GTA que estará
ambientada en California, permitindo moverse pola cidade de Los Santos e moitas
millas ao seu redor, de xeito que teremos escenarios moi variados que irán
dende o cumio das montañas ata as profundidades do océano.
Tras o anuncio da data estimada de chegada do xogo, abriuse
hoxe o seu proceso de reserva en establecementos de EE.UU., Canadá e Reino
Unido (irán incorporándose outros países paulatinamente). As tenda británicas (GAME,
Play, Zavvi e HMV) amosan actualmente disparidade de datas previstas para o
lanzamento de Grand Theft Auto V, que parece
quedar entre o 4 e o 30 de maio, e o seu prezo de reserva é de entre 39,99 e
44,99 libras esterlinas, o que vén a ser o prezo habitual dos lanzamentos AAA
para consolas de alta definición.
Primeiro trailer do xogo (estrearán un segundo trailer o vindeiro día 14)
- O xogo transcorrerá por multitude de escenarios
- Unha das primeiras imaxes promocionais do GTA V
- Un dos carteis promocinais do Grand Theft Auto V
- Un dos carteis promocionais do xogo que anuncia que chegará ás tendas en primavera de 2013