Aberta a undécima edición do Concurso de Postais de Nadal do CPEIG para nenos e adolescentes de 3 a 18 anos

martes, 29 de novembro do 2022 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convocou por undécimo ano consecutivo o seu Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas e adolescentes de 3 a 18 anos. O certame divídese en dúas categorías: a A, dirixida a rapaces de entre 3 e 12 anos, e a B destinada á participación de rapaces de entre 13 e 18 anos.
Os participantes deberán ser familiares de persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio que recibirá o gañador será unha tableta para a categoría A, e uns auriculares sen fíos para a categoría B. A xunta de goberno do CPEIG elixirá, de entre os dous gañadores, a obra que será a felicitación oficial do Colexio para estas festas.
Segundo as bases do certame, a técnica é libre e poderanse usar pinturas, témperas, ceras, colaxe, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. Os participantes poderán enviar as súas propostas ata as 13.00 horas do día 12 de decembro, remitíndoas ao correo electrónico informacion@cpeig.gal, cos datos do candidato e xuntando a postal dixitalizada con calidade e en formato JPG ou PNG. O fallo do xurado farase público na web do colexio (www.cpeig.gal) o 14 de decembro.

PUBLICIDADE