Aberta a inscrición das formacións en mercadotecnia en liña e innovación aberta do Coworking Dixital Compostela
venres, 2 de xuño do 2023
O
programa de formación do Coworking Dixital CCompostela organiza os
días vindeiros unha serie de actividades capacitadoras nas que
abordará os aspectos máis estratéxicos da innovación e a
dixitalización para impulsar o crecemento das pemes e emprendedores.
As persoas participantes poderán afondar na solución de retos
empresariais e en casos prácticos guiadas por metodoloxías baseadas
na técnica do Desing Thinking.
Ademais,
en diferentes sesións prácticas os participantes darán os seus
primeiros pasos no deseño dunha web efectiva e enfocada a dar valor
ao negocio, mergullándose nas ferramentas para facer visíbeis eses
negocios nas redes e en planificar campañas dixitais para darlles
maior visibilidade.
Para
participar neste programa de formacións (presencial e online)
é necesaria inscrición na web do Coworking.
O
programa conta con expertos en cada área que ten unha ampla
experiencia.
Lolo
Rey é un consultor externo especializado en mercadotecnia dixital,
eCommerce, analítica web e estratexia dixital con case 20
anos de experiencia que traballou para empresas como Telefónica,
Adobe, Michelin e Nokia, entre outras. Foi director de coworking
na Escola de Organización Industrial (EOI) onde asesorou e achegou
mentoring a máis de 100 proxectos de emprendedores.
María
Sáez Fernández é enxeñeira industrial e especializouse no
marketing de buscadores e a visualización en
liña, áreas nas que leva máis de 14 anos traballando. Conta cun
mestrado en Xestión de Sistemas de Información da Glasgow
Caledonian University e colaborou con empresas como Aggreko, onde
desempeñou o rol de coordinadora de mercadotecnia en liña,
liderando estratexias dixitais.
Pola
súa banda, Caty Casal leva máis 15 anos na xestión de subvencións
e axudas para impulsar o crecemento das empresas. Fundadora de PEMES
Activa desde onde realiza un asesoramento integral e servizos de
xestión a pequenas e medianas empresas. Dispón dun profundo
coñecemento en diferentes áreas de subvención como emprendemento,
investimentos en maquinaria, aforro e eficiencia enerxética, TIC,
internacionalización, igualdade e conciliación, entre outras.
Ángeles
Gestal é licenciada en CC Económicas e conta con formación en
Tecnoloxías de Información (TI) para os negocios, xestión con
proxectos áxiles e metodoloxías PMI. Ten máis de 20 anos de
experiencia e na actualidade exerce como consultora no ámbito da
xestión económica-financeira, a análise de viabilidade de startups
e a análise de fontes de financiamento.
Pablo
López é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola
Universidade da Coruña. É mestrado Executivo en Dirección e
Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas
ICADE ICAI, mestrado de asesoramento fiscal pola CEF e posúe o
certificado en adestramento individual e de equipos coa International
Coach Community.