Abanca investiu 100 millóns en 2016 na renovación da súa infraestrutura tecnolóxica

xoves, 16 de febreiro do 2017 Redacción

Abanca vén de amosar os seus resultados para o ano 2016, un informe que guinda uns beneficios de 334 millóns e que sitúa o aumento da rendibilidade nun 9,7%, achegando ao mesmo tempo un 14,7% de capital CET 1 (un dato que confirmaría a continuidade da entidade bancaria galega entre as bancas máis solventes do sector financeiro estatal). A xeito de resumo deste reconto, Abanca obtén un aprobado en termos de rendibilidade, crecemento do negocio minorista e calidade dos activos. En canto a innovación, neste 2016 Abanca investiu 100 millóns de euros na renovación da súa infraestrutura tecnolóxica.
A entidade introduciu un novo modelo de oficina máis tecnolóxica e funcional, dotou á súa rede de novos caixeiros multifunción, potenciou a súa presenza en comercios con novos dispositivos TPV, e achegou aos seus xestores novos recursos de servizo ao cliente a través do uso xeneralizado de tabletas Microsoft Surface Pro.
Outro punto no que se apoiou a Abanca foi na estratexia de dixitalización para adaptarse aos novos hábitos do cliente: amais de reforzar as funcionalidades da súa banca electrónica, lanzou ferramentas de pagamento como Abanca Pay, Samsung Pay e Abanca Cash e introduciu melloras como a tecnoloxía contactless nas súas tarxetas.
Emporiso, o esforzo feito pola entidade no eido da innovación tivo os seus resultados: as transaccións dixitais representaron o 43% do total, as interaccións dixitais con clientes medraron un 41% e o número de usuarios de banca móbil incrementouse nun 37%.

PUBLICIDADE