AUO presenta unha pantalla flexible de papel electrónico de 6 polgadas

mércores, 21 de outubro do 2009 Marcus Fernández

AU Optronics Corp. (AUO) anunciou unha serie de aplicacións innovadoras na tecnoloxía de papel electrónico coma un módulo de 20 polgadas (que sería o máis grande do mercado) e outro de 6 polgadas que destacaría por ser flexible.
A produción deste tipo de pantallas de papel electrónico flexible podería comezar en 2010, e podemos destacar que ofrece 16 niveis de gris e unha relación de contraste de 9:1 (fronte o 7:1 de dispositivos coma o Kindle).
AUO tamén prepara unha pantalla de papel electrónico de 9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles e un lector composto por dúas pantallas de 6 polgadas abatibles que pretende simular a experiencia de lectura dun libro tradicional.

PUBLICIDADE