AT&T anuncian unha tableta de Samsung con pantalla de 17,3 polgadas
mércores, 24 de abril do 2019
En 2015
Samsung
presentou unha especie de tableta chamada Galaxy View, que na práctica viña
a ser unha especie de pantalla Full HD de 18,4 polgadas que, pese a funcionar
con Android, estaba orientada a servir de reprodutor de vÃdeo portátil. O feito
de que custase 599,99 dólares nos EE.UU. probablemente non axudou ao seu éxito,
pero iso non detén á compañÃa surcoreana de repetir o experimento,
probablemente ao pensar que a banda larga móbil pode ser chave para que un
produto asà funcione, de aà que AT&T anuncie o Samsung
Galaxy View2, unha tableta con Android que coa súa pantalla Full HD de 17,3
polgadas e conectividade LTE podemos vela como un televisor portátil.
A tableta ten un modo TV a través do que pode acceder de xeito doado aos
contidos de DirecTV Now (que nos seus paquetes superiores inclúe os contidos da
HBO), conta con catro altofalantes Dolby Atmos para unha experiencia de
audiovisual moi rica e, por suposto, tamén pode empregarse como unha tableta
con Android (cunha experiencia bastante curiosa dado o seu grande tamaño de
pantalla). A súa baterÃa de 12.000 mAh garante bastantes horas de uso e, aÃnda
que véndese con 64 GB de almacenamento interno, conta cun lector de tarxetas
microSD para poder ampliar a capacidade con tarxetas de até 400 GB.
Polo momento non avanzan nin o prezo nin a data de lanzamento, nin se chegará
ao mercado europeo, pero non deixa de ser curioso que Samsung ouse explorar
este formato xigante de tabletas para os que semella difÃcil atopar un oco no
mercado.
ACTUALIZACIÓN: A tableta comercializarase nos EE.UU. a partires do 26 de abril a un prezo de 37 dólares/mes durante 20 meses, ou sexa, a 740 dólares, polo que ten todas as papeletas de compartir destino co modelo anterior.
VÃdeo promocional da tableta Samsung Galaxy View2