ARCHOS venderá un tablet Android con pantalla Retina

venres, 21 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda sen indicar o prezo nin a data de lanzamento, o fabricante francés ARCHOS incorporou á súa páxina web dentro da Gama Elements o tablet ARCHOS 97 Titanium HD, que destaca por contar cunha pantalla IPS de 9,7 polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 píxeles, ou sexa, equivalente á pantalla Retina do iPad, o que resulta bastante rechamante nun tablet con Android 4.1.
Entrando noutras características temos que este tablet funciona cun procesador A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, gráfica de catro núcleos Mali 400, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, altofalantes estéreo, un grosor de só 9 milímetros e un peso de 640 gramos. Estaríamos así ante un tablet que, pese á súa pantalla, correspondería a unha gama media no que a potencia se refire, sendo suficiente para a reprodución multimedia e o goce de xogos con gráficos 3D, sendo especialmente recomendable para quen guste de ler moito no tablet, posto que a elevada resolución da súa pantalla resulta especialmente agradable para a lectura de texto.

O ARCHOS 97 Titanium HD goza dunha pantalla comparable á do novo iPad

PUBLICIDADE