ARCHOS anuncia un tablet con controis fÃsicos pensados para xogar
mércores, 29 de agosto do 2012
AÃnda que o uso de pantallas táctiles é cada vez máis
habitual para xogar, non son a interface máis precisa para moitos tÃtulos, eiva
que quixo aproveitar ARCHOS para anunciar o seu GamePad, un tablet con Android
4.0 e pantalla de 7 polgadas que incorpora controis fÃsicos nos seus laterais
para funcionar como unha consola de videoxogos portátil, sen perder as
posibilidades de calquera outro tablet Android (acceso a aplicacións, a páxinas
web, á reprodución multimedia...) que pretende chegar ás tendas a finais de
outubro a un prezo inferior aos 150 euros, o que fai que resulte un produto moi
atractivo de cara á campaña de Nadal.
O ARCHOS GamePad funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, gráfica
Mali 400mp de catro núcleos e un software que recoñece os xogos para mapear os
seus controis e permitir dese xeito gozar de numerosos tÃtulos cos botóns
integrados no dispositivo. Este produto tamén é posible grazas a que Android
4.0 inclúe soporte para mandos externos, de xeito que moitos xogos xa están
preparados para o seu uso con controis fÃsicos.