AR-K estrea trailer do seu primeiro episodio

martes, 29 de marzo do 2011 Marcus Fernández

María Castro porá voz a Alicia, a protagonista do xogoO estudo coruñés Gato Salvaje está a ultimar o seu primeiro videoxogo, AR-K. Sexo, mentiras y trabajos de clase, unha aventura gráfica point and click cunha ambientación de ciencia ficción que mestura na súa historia a comedia e a intriga, e da que en breve poderemos adquirir o seu primeiro episodio descargable, xa que este produto optou pola súa comercialización serial, o que xa é unha tendencia dentro deste xénero, por resultar moi atractiva para os usuarios, que poden adquirir un primeiro episodio a un prezo asumible, de xeito que só pagarán o xogo completo se as distintas entregas resultan satisfactorias.
AR-K terá unha duración de entre 3 e 4 horas, e destaca especialmente por estar a dobrarse ao galego, español, inglés e alemán, esforzo sen precedentes, que confirma un compromiso co contorno cultura dos seus desenvolvedores e a aspiración de chegar a un público moi amplo.
Cómpre destacar que entre os actores de dobraxe figura voces moi recoñecidas polo público como Miguel Pernas, Andrés Bellas, María Castro e Antonio Durán Morris.
Para ilustrarnos de cómo está a quedar AR-K, Gato Salvaje vén de estrear o trailer do seu primeiro episodio, no que poden verse escenas do propio xogo:

PUBLICIDADE