APD analiza con Touriño as posibilidades do investimento produtivo en Galicia

mércores, 16 de xaneiro do 2008 Raquel Noya

Preto de 200 empresarios e directivos galegos manterán o vindeiro 22 de xaneiro en Santiago de Compostela un almorzo-coloquio co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño para coñecer, entre outras cousas, os eixos do gasto público previsto para o presente exercicio.
O encontro, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e patrocinado por ITE Caixa Galicia, desenvolverase a partires das 13:30 horas no hotel Porta do Camiño.
Na súa intervención, o presidente autonómico analizará os Presupostos Xerais de Galicia para 2008 dándolles a coñecer ós directivos empresariais galegos cales son as súas implicacións sobre o desenvolvemento da actividade empresarial e as oportunidades económicas que representan para o mesmo.
O devandito acto terá lugar no marco da actividade que APD vén desenvolvendo en Galicia como foro de encontro, diálogo e debate entre os directivos empresariais e os máximos representantes das administracións públicas.

PUBLICIDADE