APB: Reloaded dará o salto a PS4 e Xbox One

xoves, 22 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

O xogo free-to-play multixogador All Points Bulletin: Reloaded leva dando guerra dende finais de 2011 para PC (chegando a acumular máis de 5 millóns de xogadores), e finalmente Deep Silver, Reloaded Games e The Workshop Entertainment anuncian que van levar este título ás consolas da actual xeración, estando previsto que no segundo trimestre do ano os usuarios de PlayStation 4 e Xbox One poidan descargar de balde este título e xogar sen ter que pagar unha subscrición específica, aínda que non podemos esquecer que este shooter en liña basea o seu modelo de negocio nas micro-transaccións coas que personalizar personaxes, mercar armamento, adquirir e personalizar vehículos... o típico nun xogo masivo en liña co mesmo modelo de negocio.
O xogo ambiéntase na cidade futurista de San Paro, onde impera a lei marcial entre defensores da lei e criminais, nos que participaremos en batallas de até 50 contra 50 xogadores personalizados e completando misións en tempo real.

PUBLICIDADE