AMTEGA e o IESIDE achegan en outubro formación transformadora integral para as nosas pemes

mércores, 18 de agosto do 2021 S. P.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o IESIDE van organizar en outono a quinta edición do Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes (Programa AceleratTech 2021), unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pequenas e medianas empresas da nosa terra e o seu persoal directivo coñezan algunhas das novas tecnoloxías máis relevantes, así como os beneficios e os condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocio.
Levarase a cabo no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Galicia. Dará comezo o 26 de outubro e estenderase até o 30 de novembro. A data de remate de inscrición está fixada para o 30 de setembro. Os destinatarios son basicamente xerentes, propietarios de empresas e directivos de pemes, amais de persoas con capacidade de decisión nas súas empresas que poidan impulsar e liderar nas mesmas unha transformación tecnolóxica real. O horario será de 16:30h a 20:30h agás a sesión do día 11 que será o día completo. Achéganse un total de 25 prazas.

PUBLICIDADE