AGESTIC presenta un amplo catálogo de cursos para profesionais TIC

xoves, 14 de marzo do 2013 Redacción

A Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC, vén de pór en marcha un servizo de formación para os nosos profesionais, incluíndose tramitación gratuíta a través da liña de bonificación (dereito á aprendizaxe xerado a través da cota obrigatoria que empresarios e traballadores en activo achegan nas cotizacións mensuais á Seguridade Social). En base a isto, AGESTIC xestionou un cumprido catálogo formativo para os nosos traballadores do sector dos novos recursos da información “que cobre as especializades tecnolóxicas e de xestión máis demandadas”, informa a asociación galega.
Por exemplo: administración de bases de datos Oracle ou de Linux Red Hat, ASP e bases de datos, atención ao cliente, peche de venda, desenvolvemento web con Java ou XML, dirección comercial, xestión do tempo, deseño con Dreamweaver ou Photoshop, xestión de contidos con Flash MX e un longo etcétera.
Os cursos en liña de vindeiro inicio son os seguintes:
· Administración de bases de datos ORACLE 11g
· Administración LINUX RED HAT 9: recursos e sistemas
· JAVA e as bases de datos: JDBC
· Coaching para managers
· Xestión do talento

PUBLICIDADE