AGESTIC entrega este venres en Santiago os seus galardóns INNOVA-G

xoves, 13 de outubro do 2011 Fernando Sarasketa

JPEG - 312.2 KB
Asistentes á engrega de galardóns do ano pasado, celebrada tamén en Compostela

A Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC, entrega este venres en Santiago os seus Premios INNOVA-G pertencentes á súa edición 2011, uns galardóns que xa adiantamos os días pasados para dar conta da Mención de Honra outorgada a este grupo de comunicación galego, Código Cero. O acto oficial de achega de recoñecementos, que se vai desenvolver na sede de NovaCaixaGalicia en Santiago, na rúa do Vilar, reunirá baixo un mesmo teito a unha boa parte dos principais responsábeis do noso tecido TIC, tanto procedentes do eido empresarial e investigador como do ámbito público. Segundo adiantou AGESTIC referíndose aos destinatarios dos seus premios (que contaron coa axuda da Xunta, da ESEI da Universidade de Vigo, de FEMXA e da devandita entidade financeira galega), a outra das Mencións de Honra convocadas vai ir dar aos nosos compañeiros de EGANET, polo seu intensivo e frutífero labor no pulo da Sociedade da Información na nosa terra.
Como dixemos, o acto comezará as 12.00, coa recepción de asistentes, estando previsto para as 12.15 a intervención das autoridades e promotores dos galardóns.
Neste primeiro treito do programa contarase coa presenza de José María López Bourio, presidente de AGESTIC, Andrés Hermida, director xeral de Promoción do Emprego, e Mar Pereira, secretaría xeral de Modernización. A continuación, a partir das 12.30, está programada a entrega de recoñecementos propiamente dita, recoñecementos que se dirixen a poñer de relevo o traballo ben feito desenvolvido dende Galicia en materia tecnolóxico-dixital e que desta volta irán dar, segundo informa a asociación convocante, irán dar a mans das seguintes empresas e institucións:
· Mellor start-up galega. Gañador: Galebook contidos dixitais. Finalistas: Menus.es e PéZcalo, innovación contra a crise, "made in Galicia".
· Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0 .Gañador: Frankie Gómez. Finalistas: Twin Shoes e Pablo Lopez.
· Mellor campaña social media. Gañador: Memoria Anual 2010 Cruz Vermella Española en Galicia. Finalistas: Armadiña Rock 2010 e Mátalos de Risa con Kill Paff.
· Mellor desenvolvemento 2.0. Gañador: Menus.es. Finalistas: Festa Labs e Dereitos Animais
· Mellor aplicación para dispositivos móbiles. Gañador: APP Páxinas Galegas. Finalistas: Turismo de Santiago de Compostela para iPhone e ORAMA
· Mellor deseño para todos. Gañador: Un Mundo Accesible. Finalistas: Terra Chá, onde nace Galicia e Rede social de comercio Compostela de Santiago
· Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns. Gañador: Un Mundo Accesible. Finalistas: Bildtec e Dependencia en Familia.
Pero haberá máis, xa que se trata dun certame participativo onde tamén, amais do xurado que resolveu as anteriores categorías, tomaron partidos os internautas, dando conta das súas valoracións nas modalidades de votación popular, que son as seguintes:
· Mellor start-up galega. Gañador: Twin Shoes. Finalistas: Festa Labs e Galebook contidos dixitais.
· Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0. Gañador: Twin Shoes. Finalistas: vinogallego.com e Eventos intelixentes 2.0.
· Mellor campaña social media. Gañador: Memoria Anual 2010 Cruz Vermella Española en Galicia. Finalistas: Mil a Gritos Showroom e vinogallego.com.
· Mellor desenvolvemento 2.0. Gañador: Maria Fechoría. Finalistas: Dereitos Animais e Festa Labs.
· Mellor aplicación para dispositivos móbiles. Gañador: APP Páxinas Galegas. Finalistas: Universidade de Santiago de Compostela no teu móbil - PROGRAMA A PONTE e ORAMA.
· Mellor deseño para todos. Gañador: Terra Chá, onde nace Galicia. Finalistas: ArtGalicia e Un Mundo Accesible.
· Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns. Gañador: Bildtec. Finalistas: vinogallego.com e Fútbol Coruña: A Túa Sala Prensa Virtual.

PUBLICIDADE