ABANCA permite aos non clientes abrir unha conta a través de videoconferencia
martes, 14 de novembro do 2017
Esta
mañá o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, e o xerente de ABANCA
Dixital, Javier DÃaz, presentaron
no Centro ABANCA Innova da Coruña un novo servizo deseñado pola entidade
financeira para facerse cliente dende o móbil a través de videoconferencia,
evitando asà que sexa preciso desprazarse até unha oficina fÃsica para realizar
tal trámite.
O novo servizo de ABANCA chega a través
da aplicación móbil da entidade, e permite que en menos de dez minutos un
usuario que non sexa cliente poderá contratar unha Conta Clara, produto
dixital que permite ter unha conta corrente e unha conta a prazo conectadas
entre si para aforrar de xeito automático. Non ten comisións e as tarxetas de
débito, de crédito e as transferencias son de balde sempre que se opera en
canles dixitais.
- Dende a aplicación móbil é preciso dixitalizar o noso DNI
O interesado en darse de alta a través deste innovador xeito terá que descargar
a aplicación de ABANCA no seu smartphone, identificarse como non cliente, capturar
o seu DNI mediante a cámara do teléfono, introducir os seus datos persoais e
económicos (en cumprimento da normativa vixente), recibir logo unha
videochamada na que realizaranse unha serie de comprobacións (como contrastar
que a persoa que realiza a solicitude é a que figura no DNI achegado) e,
finalmente, responder a un correo electrónico de verificación e asinar os
documentos que remite a entidade bancaria.
- Eduardo Aldao destacou que optaron por desenvolver unha solución móbil nativa para coidar a experiencia de usuario ao máximo
O director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, destacou que esta ferramenta desenvolveuse como aplicación nativa para unha mellor experiencia de usuario, precisando uns 6 meses para a creación desta funcionalidade que tira proveito de tecnoloxÃas de última xeración, como intelixencia artificial para detectar se as fotografÃas do DNI que se transmiten a través da aplicación teñen calidade suficiente ou foron manipuladas, procurando sempre pensar no usuario e cinguÃndose as obrigas que establece os regulamentos bancarios.
- Francisco MartÃnez, xerente de mobilidade, facendo unha demostración do sistema de videoconferencia que vén de estrear ABANCA