ABANCA mellora a accesibilidade da súa aplicación móbil
mércores, 20 de maio do 2015
ABANCA vén de renovar a súa aplicación de banca
móbil para iPhone totalmente accesible para persoas con discapacidade, coa que
logrou o selo de accesibilidade universal. Esta certificación garante que pode ser
utilizada por persoas con calquera tipo de discapacidade, incluíndo a visual parcial
e a cegueira. O selo de accesibilidade universal é o resultado final do proceso de certificación realizado por ILUNION,
empresa especializada pertencente ao grupo empresarial da ONCE e a súa Fundación.
Actualmente ABANCA é a única entidade financeira en España que
conta con este certificado de accesibilidade para a súa aplicación de banca móbil.
a primeira de todo o sistema financeiro español que cumpre cos estándares de accesibilidade.
Con esta iniciativa, ABANCA e o ONCE contribúen á supresión de barreiras que impiden
ou dificultan a plena integración social das persoas con discapacidade.
Miguel Ángel Escotet. director xeral de Responsabilidade Social
Corporativa e Comunicación de ABANCA. durante a presentación da versión da banca
móbil adaptada para persoas con discapacidade
de ABANCA que tivo lugar esta mañá na Coruña, asegurou que "desde sempre mantivemos
un alto compromiso coa accesibilidade en todas as nasas canles a distancia. É un
orgullo para nós lograr este fito, sobre todo, porque conseguimos que os clientes
con discapacidade poidan acceder aos servizos financeiros en igualdade de
condicións que o resto". No acto tamén participaron o director xeral de Información,
Procesos e Operacións de ABANCA. José Manuel Valiño Blanco, o delegado do ONCE en
Galicia, Manuel Martínez Pan, e o presidente do consello territorial ONCE-Galicia,
Carlos Fernández Lamigueiro.
Ademais, o acto contou coa presenza de Juan Carlos Buño, un usuario
invidente que compartiu a súa experiencia no manexo da nova aplicación de Banca
Móbil de ABANCA.
Tecnoloxía VoiceOver
- Juan Carlos Buño amosou o funcionamento da aplicación durante a presentación desta mañá
A aplicación está totalmente integrada cos requirimentos técnicos de accesibilidade de iOS, o que permite a correcta utilización do lector de pantallas que traen integrados, o VoiceOver. Esta tecnoloxía facilita ao usuario a lectura e a navegación. As persoas con discapacidade visual escoitarán unha descrición detallada do que hai en pantalla e esta tecnoloxía vailles guiando para seleccionar unha opción do menú ou pulsar calquera botón. VoiceOver vai ofrecendo tamén información externa contextual que fai máis precisa a súa utilización e axuda ao usuario a manexar a aplicación. Esta tecnoloxía tamén permite que exista un contraste de cores adecuado entre textos e fondos ou que cada usuario poida utilizar textos ampliados ou cores personalizadas para as súas capacidades visuais específicas.
Outra novidades da aplicación
A nova versión da aplicación móbil de banca electrónica
tamén facilita a recarga de tarxetas moedeiro de transporte (Transporte
Metropolitano de Galicia, Vitrasa, Millennium Coruña, Milenio Ourense...),
mellora a súa usabilidade medio TouchID, incorpora máis información sobre cada
movemento en contas e tarxetas e permite solicitar cita previa nas oficinas.
Crecemento do uso da banca móbil
ABANCA pechou o primeiro trimestre de 2015 con máis de 250.000 clientes que operan de forma habitual a través do teléfono móbil, un 55% máis que no mesmo período do ano anterior. De total de clientes que se conectan a distancia (banca electrónica, banca móbil, banca telefónica), o 45% faio principalmente a través do móbil. O número de operacións (consulta de movementos. transferencias. traspasos, etc.) que se realizaron a través do móbil durante o primeiro trimestre de 2015 superou os 10 millóns, case t res veces máis que as realizadas no mesmo período do ano anterior.