A xuntanza europea de Territorios Creativos achega o programa definitivo de actividades

venres, 21 de xuño do 2013 Redacción

Finalmente xa temos o programa definitivo da Conferencia Internacional sobre Territorios Creativos que, como vimos anunciando dende hai días, vaise celebrar na cidade Ourense entre os 26 e 28 de xuño (no Centro Cultural Marcos Valcárcel), reunindo a un bo número de especialistas europeos en novas ferramentas da comunicación para o pulo da riqueza cultural común da beira atlántica. O evento, inserido nas accións programadas no proxecto Imagina Atlántica, vén da man da Deputación de Ourense, co-participante nesta iniciativa europea, unha fronte común de institucións e empresas que tiran partido das novas tecnoloxías da imaxe no camiño de universalizar e potenciar traxectos turísticos e culturais.
Por exemplo, e facendo referencia ao papel despregado polo organismo provincial, os traxectos turísticos e culturais da nosa Ribeira Sacra, que contará cunha aplicación para teléfonos intelixentes e tablets que será presentada na dita conferencia.
Entre as principais actividades incluídas no programa atopamos, por exemplo, a presentación do propio proxecto Imagina Atlántica (o xoves 27 pola mañá), a presentación dos máis recentes achados en animación e banda deseñada galega ou a posta en longo das obras xeradas a raíz do Concurso de Arte Dixital organizado ao abeiro do dito Proxecto. Entre a longa listaxe de relatores (algúns aínda por confirmar), contarase coa presenza (entre outros) de Xavier Hurteau (director xeral delgado de GrandAngoulême), Pascal Chauchefoin (profesor da Universidade de Poitiers e experto en territorios creativos de GrandAngoulême), Mario Augusto Pereira (xornalista e presentador da RTP, TV Portuguesa), Manuel Gago (director de culturagalega.org, profesor na Universidade de Santiago e editor de Capítulo 0) ou Carlos Martíns (presidente da Axencia para o Desenvolvemento de Industrias Creativas de Porto).
Xoves, 27 de xuño. Xornada de mañá.
9.00 h. Acreditacións dos participantes.
9.30 h. Benvida institucional.
Manuel Baltar. Presidente da Deputación de Ourense.
Representante da Xunta de Galicia.
Director do Programa Espazo Atlántico. (Pendente de confirmación)
Xoán Vázquez Mao. Secretario xeral do Eixo Atlántico.
9.50 h. Presentación do proxecto Imagina Atlántica.
10.00 h. Presentación Exhibición de Arte Dixital.
Francisco González. Director do Centro Cultural.
Artistas gañadores do Concurso de Arte Dixital (Phillipe Boinard, Gaëtan Gromer, Julien Roide).
10.15 h. - 11.30 h. Industrias creativas, territorios creativos: un novo estímulo para o desenvolvemento en Europa?
Xavier Hurteau. Director xeral delegado GrandAngoulême.
Xesús Lage. Profesor da Universidade de Vigo (coordinador do Grupo Territorios Creativos do Proxecto Imagina Atlántica.
Pascal Chauchefoin. Profesor da Universidade de Poitiers. Experto territorios creativos de GrandAngoulême.
11.30 h. - 12.00 h. Café.
12.00 h. - 13.30 h. Valorización do patrimonio cultural e o desenvolvemento turístico a través das novas tecnoloxías: tendencias e perspectivas.
12.00 h. - 13.00 h. Territorios Creativos: Proxectos piloto en Guimarães e na Ribeira Sacra
Jean-Jacques Lottermoser, presidente de Monument Tracker (monumentracker.com)
Mario Augusto Pereira. Xornalista e presentador da RTP (TV Portuguesa). Responsábel de Ideias & Conteúdos, LDA.
Francisca Abreu. Concelleira de Cultura da Câmara Municipal de Guimarães.
José Antonio Velo. Responsable de Astrágalo Studio, SL.
13.00 h. - 13.30 h.¨O proxecto piloto en Santiago de Compostela¨.
Yolanda Otero Balsa. Subdirectora xeral de Promoción de Actividades (Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia).
Aperitivo.
Xoves, 27 de xuño. Xornada de tarde.
16.00 h. - 19.30 h. Experiencias nos territorios creativos (Animación, etc.).
16.00 h. - 16.45 h. Torre dos Mouros (torredosmouros.net). Un proxecto de arqueoloxía e divulgación.
Manuel Gago. Director de culturagalega.org, profesor na Universidade de Santiago e editor de Capítulo 0.
16.45 h. - 17.30 h.O desenvolvemento de industrias creativas no norte de Portugal.
Carlos Martíns. Presidente da Axencia para o Desenvolvemento de Industrias Creativas (ADDICT), con sede en Porto.
17.30 h. - 18.00 h. Café.
18.00 h. - 18.45 h. A animación en Galicia: o filme Engurras
Ángel de la Cruz. Escritor, director e produtor de películas de animación.
18.45 h. - 19.30 h. Animación e banda deseñada en Galicia: a curta Birdboy
Alberto Vázquez. Debuxante de banda deseñada. Premio Goya á mellor curta de Animación 2012.
Venres, 28 de xuño. Xornada de mañá.
10.00 h. - 13.30 h. A formación e os intercambios internacionais, vectores de apoio aos proxectos de cooperación innovadores.
Saídas laborais para novos profesionais. Presentación de IMAGIN’’A JOB.
Zoé Saffar. Asociación 16000 Images.
Christine Famallier, consultora do Grupo Amnyos
10.30 h. - 11.00 h. Como desafiar a creatividade audiovisual no Norte de Portugal?
Hilário Amorim. Coordenador do programa VideoGang (Guimarães 2012).
11.00 h. - 11.30 h. Café.
11.30 h. - 12.15 h. A ensinanza da animación en Galicia
Xosé Luis Carreira. Profesor da Escola de Arte Antonio Faílde (Ourense).
Raquel Anta. Profesora da Escola de Arte Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
12.15 h. - 13.00 h.
Experiencias prácticas en Angoulême.
2 bolseiros da Xunta de Galicia.
Santy Gutiérrez. Presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Mesa redonda sobre as saídas laborais dos novos profesionais.
13.00 h. Clausura oficial.
Representante da Deputación de Ourense.
Xoán Vázquez Mao. Secretario xeral do Eixo Atlántico.
MEETING-POINT:
Sala de xuntas a disposición dos asistentes.

PUBLICIDADE