A xira Girl STEAM de AGASOL e AMTEGA recala en Rianxo co inicio de outubro
mércores, 22 de setembro do 2021
AGASOL
(Asociación Galega de empresas de Software Libre) e a axencia
autonómica AMTEGA seguen estes primeiros dÃas do outono coa súa
xira de divulgación tecnolóxica nos concellos (un total de dezaoito
nesta edición) destinada a fomentas novas vocacións tecnolóxicas
entre a rapazada poñendo o foco nas nenas e nas mozas. Trátase
da nova xira do proxecto Girl STEAM, derrubando estereotipos,
que chegará con dous obradoiros á Aula de Informática do Auditorio
de Rianxo, o 1 e o 2 de outubro.
O
obxectivo deste proxecto é motivar as vocacións tecnolóxicas entre
a mocidade, especialmente entre as rapazas, para que aposten por
carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, TecnoloxÃa,
EnxeñarÃa, Artes e Matemáticas) e polas profesións do ámbito das
TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación).
Os
contidos dos obradoiros son os que citamos de seguido, adaptados ás
idades e caracterÃsticas de cada grupo e facendo fincapé en
cuestións como a igualdade, o sentido crÃtico ante a tecnoloxÃa, o
uso creativo das novas ferramentas, a colaboración e traballo en
equipo e as oportunidades de desenvolvemento real que abren os
recursos dixitais.
-Tarxeta
micro:bit: para aprender a programar de xeito doado e divertido
-Maching
learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia
Artificial
-Makey
Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar, é
ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
-CircuÃtos
en papel: crearase un circuÃto eléctrico co obxectivo de facer
brillar un LED nun papel ou tela, incluÃndo asemade diferentes
sensores e actuadores e preparando o terreo para elaborar cómics,
postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...
Desenvolveranse
dous talleres na ​​​​​​​Aula de Informática (Auditorio
de Rianxo) cos seguintes horarios:
-Venres
1 de outubro de 17 a 20 h, para a rapazada de 8 a 11 anos
-Sábado
2 de outubro de 10.30 a 13.30 h, para a rapazada de 12 a 15 anos
As
prazas son limitadas, e a inscrición de balde no correo electrónico
xuventude@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.