A web municipal da Coruña permite facer visitas virtuais aos seus centros escolares

venres, 16 de abril do 2021 S. P.

O Concello da Coruña, a través do SME (Servicio Municipal de Educación) puxo en marcha na web municipal unha nova xanela aos centros de Educación Infantil e Primaria da cidade así como ás Escolas Municipais Infantís (un total de nove). Fíxoo botando man das visitas virtuais e garantindo deste xeito, neste contexto de pandemia, a máxima seguridade para todos participantes. “Visitar os centros educativos da cidade sen saír da casa xa é posíbel”, sinalaron fontes do Servizo Municipal de Educación.
O servizo (cunha xanela directa ao catálogo de visitas virtuais aos CEIP e outra ao catálogo de visitas virtuais ás EIM) inclúe mapas da cidade para facilitar as visitas a través da súa localización exacta. A través destas estadías temporais online nos centros educativos pódense coñecer as instalacións exteriores e interiores de cada unha das instalacións docentes.

JPEG - 115 KB
A nova ferramenta web facilita a realización de visitas virtuais aos centros educativos

PUBLICIDADE