A vindeira edición de XGN R Encounter será entre o 11 e o 13 de outubro

xoves, 28 de marzo do 2019 Redacción

A Feira Internacional de Galicia ABANCA celebrará do 11 ao13 de outubro deste ano a décimo novena edición da party informática máis importante de Galicia e terceira con R como colaboradora e patrocinadora oficial. A XGN R Encounter contará de novo co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora do evento.
Esta vindeira edición da party articularase nas súas tres zonas habituais. A Intranet, orientada aos inscritos, permitiralles gozar dun posto con dereito a acampar no interior do pavillón e a participar en actividades exclusivas. A Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para inscritos como para visitantes que acudan ao recinto. Ademais, o espazo expositivo da party volverá mostrar a oferta de empresas relacionadas co material informático, as novas tecnoloxías e o lecer electrónico.
Aínda que o evento comezará oficialmente o día 11 de outubro, abrirá as súas portas de forma non oficial o día 10 pola tarde, co obxectivo de facilitar o acceso aos inscritos e permitir que comecen a instalarse. Será unha xornada de probas técnicas e montaxe.

PUBLICIDADE