A vindeira actualización da PS4 permitirá suspender as nosas partidas
xoves, 12 de marzo do 2015
Sony
está a ultimar a actualización 2.50 para a PlayStation 4 que leva por nome
chave Yukimura, e que incluirá
unha funcionalidade moi demandada polos usuarios que permitirá suspender/reanudar, ou sexa, saÃr e
volver aos videoxogos de xeito rápido. Con suspender/reanudar
os xogos estarán dispoñibles ao instante, tendo só que coller o mando DUALSHOCK
4, premer ao botón PS e volver a retomar a acción do xogo. Tamén pode deixarse
a consola en modo repouso e, ao volver a acendela, continuarase o xogo onde se
deixou.
Outras opcións que chegarán con esta actualización son á posibilidade de
converter unha subconta nunha conta principal (ou sexa, que cando un mozo
cumpra os 18 anos poida independizar a súa conta de usuario para eliminar as
limitacións nos chats e poder xestionar os seus moedeiros e realizar compras),
buscar amigos en Facebook, poder gozar do xogo a distancia (Share Play) a 60 fotogramas por segundo,
contar con numerosas opcións de accesibilidade, recibir melloras nos trofeos e
poder compartir vÃdeos a través de Dailymotion. Un bo conxunto de novidades que
agradecerán os usuarios da PS4, que ven asà como se atenden as súas demandas.