A videocámara Samsung HMX-S16 incorpora Wi-Fi e unidade SSD

luns, 24 de maio do 2010 Marcus Fernández

As tecnoloxías sen fíos tamén poden casar coas cámaras de vídeo, de aí que vaia chegar en breve ao mercado europeo a Samsung HMX-S16, que cun sensor CMOS de 10 Mpíxeles, zoom óptico de 15x, unidade de memoria sólida de 64 Gb, compatibilidade con tarxetas SDHC, Wi-Fi e unha pantalla táctil xiratoria de 3,5 polgadas, convértese nun importante exemplo do que poden permitir este tipo de dispositivos no futuro.
Este modelo en concreto é capaz de gravar vídeo a 1.080i, tomar fotografías e transferir ambos tipos de contidos por Wi-Fi ao PC (o que tamén pode facerse por USB), así coma conta cunha saída HDMI por se as súas gravacións queren verse directamente nun televisor moderno.

PUBLICIDADE