A versión para PC de Batman: Arkham Knight recibe unha importante actualización

venres, 4 de setembro do 2015 Marcus Fernández

A odisea dos xogadores de PC de Batman: Arkham Knight parece estar a piques de chegar á súa conclusión, xa que o xogo de Rocksteady Studios que retirouse da venda a finais de xuño ante os numerosos problemas técnicos detectados, vén de recibir unha importante actualización que reduce os problemas de frame rate, optimiza o uso da memoria do sistema de da VRAM, mellora o desempeño da GPU (de contarmos cos últimos controladores), conta cunha configuración no xogo máis doada de entender, arranxa fallos coas texturas de baixa resolución e incluso corrixe os tiróns provocados cando o xogo corre dende un disco duro mecánico.
Os usuarios que están a probar este parche aseguran que nos seus equipos o xogo vai considerablemente mellor, pero aínda queda traballo por facer, de xeito que agora os responsables do xogo para PC están centrados nunha seguinte actualización que corrixa os fallos detectados en cartas combinacións de hardware e que incorpore o Modo Foto e o soporte para poder gozar de contidos descargas e do pase de tempada do xogo (como xa fan os usuarios de PS4 e Xbox One), polo que é de esperar que até dentro de varias semanas non volva a saír á venda a versión para PC de Batman: Arkham Knight.

JPEG - 92.8 KB
Os capítulos descargables que van saíndo para o xogo non estarán accesibles para os usuarios de PC até que consideren que supera uns mínimos de calidade (o que parecen ter conseguido con esta nova actualización).

PUBLICIDADE