A triloxía de xogos de Killzone chegará pronto á PlayStation 3

xoves, 6 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios de PlayStation 3 que queiran completar a saga de acción en primeira persoa máis popular da consola de videoxogos de Sony, Killzone, poderán ver cumpridas as súas expectativas, xa que o vindeiro 24 de outubro vai saír á venda por 49,99 euros o lote Killzone Trilogy, que incluirá os 3 xogos da franquía, adaptando a primeira entrega, orixinaria da PlayStation 2, aos gráficos de alta definición da PS3, aproveitándose tal remasterización para incluír tamén trofeos no título.
Killzone Trilogy non se limitará a incluír os 3 xogos da saga, senón que tamén contará cos mapas multixogador de Killzone 2 e Killzone 3 sen custo adicional. Dende Sony tampouco desbotan que esta interesante recompilación vexa o seu prezo reducido en poucos meses.


Vídeo promocional de Killzone Trilogy

Con esta recompilación será posible xogar en alta definiicón á triloxía completa

PUBLICIDADE