A triloxía de StarCraft II completarase o 10 de novembro

luns, 14 de setembro do 2015 Marcus Fernández

O xogo StarCraft II está a prepararse o lanzamento da súa vindeira expansión chamada Legacy of the Void, que situará ao xogador na pel do xerarca Artanis e que completará a triloxía deste título, e para ir quecendo ao público, veñen de estrear un vídeo cinemático de introdución á expansión, aproveitando a ocasión para anunciar a súa data de lanzamento: o vindeiro 10 de novembro.
O novo vídeo presenta aos guerreiros da Grande Armada facendo fronte á meirande mal do Universo, Amon, un mal ancestral que quere devorar toda forma de vida, para o que Artanis deberá xuntar a todas as faccións de protoss.
Os usuarios que reserven o xogo terán acceso inmediato á beta con tres épicas misións de prólogo nas que unirémonos a Zeratul para resolver a peza final da profecía de Xel’naga na mini-campaña Murmurios de morte.

No xogo as faccións de protoss teñen que xuntarse para derrotar unha nova ameaza

Vídeo cinemático de apertura de StarCraft II: Legacy of the Void

PUBLICIDADE