A triloxÃa de Crash Bandicoot terá secuela no outono
luns, 22 de xuño do 2020
O carismático Crash Bandicoot volve tras máis de 10 anos
cunha aventura totalmente orixinal, Crash Bandicoot 4: It’s About
Time, xogo que o vindeiro 2 de outubro sairá á venda para PS4 e Xbox
One continuando a triloxÃa orixinal que tanto éxito tivo na súa recente remasterización.
Nesta nova aventura Crash, Coco e compaña viaxarán a través do espazo e do
tempo para deter a Neo Cortex, Dr. N. Tropy e outros malvados inimigos para que
non consigan dominar todo o multiverso. O xogo presenta un estilo artÃstico completamente
novo e tamén innova en mecánicas e habilidades, permitindo cambiar entre os
modos de xogo modernos e retro, facendo asà que sexa un tÃtulo apto tanto para
afeccionados veteranos como para xogadores novos.
Unha das novidades de Crash Bandicoot 4 son as máscaras cuánticas, uns
poderosos gardiáns do espazo-tempo que outorgarán a Crash e Coco poderes para
alterar as leis da realidade e superar obstáculos perigosos de formas
emocionantes. Por exemplo, a máscara do tempo permitirá que o tempo se mova
máis amodo para realizar movementos moi precisos, mentres que a máscara da
gravidade permitirá percorrer plataformas do revés.
O xogo xa está dispoñible en reserva
para Xbox One e PlayStation
4, premiándose as compras anticipadas cos aspectos Flipa en cores
dos personaxes protagonistas.
- As reservas prémianse con aspectos para Crash e Coco
Tráiler de Crash Bandicoot 4: It’s About Time