A tradución do Windows Vista ao galego presentarase o 8 de abril (e xa se pode descargar)
luns, 31 de marzo do 2008 ,
- Funcionalidade Flip 3D en Windows Vista
A Fundación Galega da Sociedade do Coñecemento (FSC), Ineo e
Microsoft celebrarán a presentación Novas Ferramentas TIC en Galego para mellorar
a produtividade que terá lugar o vindeiro 8 de abril na Sala Obradoiro do Palacio
de Congresos de Santiago de Compostela e que servirá para dar a coñecer a
tradución de Windows Vista ao galego.
O acto, que contará coa presenza do presidente da Xunta, Emilio
Pérez Toriño e coa da presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa María García,
ofrecerá información de primeira man con respecto ás novidades do sector TIC, e
desvelará a estratexia de Microsoft para Galicia de xeito directo e a través
das declaracións da propia presidenta da firma.
Coa colaboración de Dell, Investrónica e HP tamén amosarán a nova xeración de
equipos que incorporarán as librerías de galego preinstaladas, así como as
novidades incorporadas por Microsoft que facilitan a descarga e o uso dos
programas en galego.
A participación na devandita presentación é de balde e os
interesados en acudir deberán inscribirse
antes do vindeiro 3 de abril.
Faille un clic ao galego
<img style="border: 0px solid ; width: 360px; height: 122px;" alt="Office 2003" src="http://www.codigocero.com/faiunclic01.gif"> |
<a href="http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=0db2e8f9-79c4-4625-a07a-0cc1b341be7c" target="_new"><img style="border: 0px solid ; width: 360px; height: 21px;" alt="Windows XP" src="http://www.codigocero.com/faiunclic02.gif"> |
<a href="http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=gl&FamilyID=0e21eb7b-e01a-4fcc-b7f1-30e419da7f5b" target="_new"><img style="border: 0px solid ; width: 360px; height: 47px;" alt="Windows Vista" src="http://www.codigocero.com/faiunclic03.gif"> |
A primeiros de abril de 2007 se publicou o paquete de tradución do
Windows Vista ao catalán, apoiado pola campaña promocinal Fes un clic al català, e que en
xuño se concretou con ordenadores co Windows Vista en catalán preinstalado, e
esta mesma estratexia parece replicarse en Galicia, de xeito que xa
podemos descargar o paquete de tradución do Windows Vista en galego, e
haberá que agardar ó evento do 8 de abril para coñecer detalladamente a
estratexia de Microsoft de cara á nosa lingua.
Ata o momento as aplicacións de Microsoft que se podían traducir ó galego eran
o Office
2003 e o Windows
XP, polo que o Paquete
de Inferface de Galego de Windows Vista (LIP) supón unha continuidade a
esta aposta tecnolóxica en prol do uso da nosa fala nas TIC.
A tradución é parcial, pero afecta ás áreas máis utilizadas do sistema
(asistentes, caixas de diálogo, os temas da Axuda…) amosándose o resto dos
textos na lingua base de Vista (presumiblemente o español). Amais, é posible
instalar distintos paquetes de idioma no mesmo equipo, para que cada usuario
empregue a interface do ordenador na lingua que desexe.
O paquete de idiomas ocupa 2,9 Mbytes e só é compatible coas versións de
Windows Vista de 32 bits.