A tomatina será un dos escenarios de Tekken 6

luns, 13 de abril do 2009 Marcus Fernández

A presenza de España en videoxogos de sona internacional é bastante limitada, ou digna de esquecemento (coma o país subdesenvolvido no que se desenvolve o Resident Evil 4), e o Tekken 6 vai ser un dos títulos que se sume a esta familia, non só coa incorporación do loitador Miguel El Matador Caballero Rojo (cunha aparencia bastante tópica, que podería lembrar remotamente ao Vega de Street Fighter II) senón que un dos escenarios nos que se combaterá será a popular Festa do Tomate de Buñol (Valencia), o que sería un acontecemento tan memorable como a recreación do Patio dos Leóns da Alhambra de Granada en The King of Fighters ’98.

Miguel Caballero Rojo é un dos personaxes do novo Tekken


Aínda tardaremos bastantes meses en poder ver este xogo para Xbox 360 e PlayStation 3, pero é de agradecer que Namco-Bandai preferise un escenario na tomatina e non seguir co tópico dos touros.


Vídeo no que podemos ver cómo se desenvolve unha loita en plena tomatina


O KOF’98 xa tiña coma escenario a Alhambra de Granada

PUBLICIDADE