A terceira edición dos Premios INCUVI-Emprende xa ten gañadores
martes, 11 de febreiro do 2014
No
mediodía de hoxe (12 horas) tiña lugar na sala I do Edificio
Miralles da Universidade de Vigo o acto de entrega dos galardóns da
terceira edición dos Premios
INCUVI-Emprende 2014. Emporiso, a dita
institución educativa, a Cidade Universitaria e a Fundación
Universidade de Vigo, apoian con esta iniciativa a aqueles que queren
comezar novos proxectos empresariais, xa dende o 2011, cando se
creara o proxecto de Pre-incubadora INCUVI, que logo se estendería
ao campus de Pontevedra no ano 2012. Nesta 3ª edición os
destinatarios volveron ser o alumnado e titulados da UVigo no curso
2010/11 ou posteriores, que presentaron 29 proxectos en total
(individuais e de grupo).
- Salustiano Mato presidiu a entrega de premios
Con
esta proposta quérese promover o emprendemento universitario e o
autoemprego, formando e asesorando aos futuros empresarios. Cómpre
salientar que o obxectivo destes premios -que foron presididos por
Salustiano Mato (reitor da Universidade de Vigo) e outros persoeiros do eido,
incluíndose a
participación activa do secretario xeral de Universidades da
Consellería de Cultura e Educación, José Alberto Díez de Castro-
é achegar aos seleccionados a posibilidade de desenvolver o seu
traballo nunha contorna controlada e segura; asesoramento empresarial
e económico; axuda para a transferencia do coñecemento e gastos
pagos por un ano de estadía na incubadora universitaria. Os
proxectos seleccionados -seis no campus de Vigo e dous no de
Pontevedra- poderán beneficiarse dunha estadía na incubadora de
negocios da Universidade con luz, conexión a internet ou teléfono
pagos.
En canto aos gañadores,
no apartado de amosar o rumbo das indagacións dos investigadores,
facéndoas accesibles á sociedade recoñeceuse o traballo de
Audiobeesual. Mentres que o proxecto gañador dunha bebida tan
senlleira como o café foi Café La Parisienne. Noutro
apartado, Innergium recibiu o galardón por (e a través da
Enxeñería enerxética avanzada) axudar a empresas, organizacións,
administracións e familias a diminuír os seus custos enerxéticos.
Tamén foi premiado o
proxecto froito do estudo da explotación da orientación
emprendedora para mellorar os resultados de exportacións das
pequenas e medianas empresas, e que se presentou a través de
Orientación para a exportación das PEME. Asemade, Stukers
presentaron un proxecto no que promoven e axudan á achega de
aloxamento para os mozos sen que o traslado a unha nova cidade supoña
un trastorno.
- Deborah Franco de Monet, un dos proxectos da pasada edición dos Premios, explicou a súa experiencia durante a cerimonia de hoxe
Por último, sinalar que a Universidade de Vigo acollerá un proxecto que nace dunha proposta orixinal e innovadora que permitirá obter de xeito simultáneo un fertilizante e semente de uva que poden encamiñarse a diversos usos, Vermecompostaxe de bagazo de uva. Para os viveiros do campus de Pontevedra foron recoñecidos, por unha banda, o proxecto que divide a súa actividade entre a formación en liña no eido medioambiental coa asesoría integral a empresas para o desenvolvemento de proxectos nese mesmo eido Formación on-line, e por outra banda a iniciativa xurdido a partir da idea de crear unha aplicación que axude aos diabéticos a mellorar a súa calidade de vida asesorándoos no referente a exercicio, nutrición e saúde, Mueve tu vida.
- Autoridades, candidatos e gañadors da presente edición dos Premios INCUVI-Emprende