A tecnoloxÃa de Televés estará presente no apagón analóxico en A Fonsagrada
venres, 4 de abril do 2008
O apagamento da televisión analóxica en A Fonsagrada, do que xa levamos falando dende hai algunhas samanas e que finalmente vai comezar a levarse a cabo a partires deste sábado dÃa 5, non deixa de darnos máis e máis pistas do que será o futuro sen este tipo de transmisión de datos co que ata o de agora recibÃamos o sinal da televisión e da radio.
Agora sabemos que Televés, grupo galego lÃder europeo en produtos e servizos de telecomunicacións, xogará un papel clave no desenvolvemento e na implantación da Televisión Dixital Terreste (TDT) en Galicia, ó facilitar a tecnoloxÃa necesaria para acometer o inminente apagón analóxico de televisión no devandito concello lucense.
Máis de 1.000 adaptadores ZAS de Televés, tecnoloxÃa única en Europa fabricada pola compañÃa en Galicia xa foron distribuÃdos pola SecretarÃa Xeral de Comunicación da Xunta entre as familias da localidade para que dispoñan deles no momento do apagamento.
Dende o seu lanzamento en 2006, o adaptados ZAS de Televés tivo unha boa acollida nos mercados nacional e internacional, tanto polos resultados acadados nas ventas como pola súa innovación tecnolóxica.