A tecnoloxÃa Silverlight ponse a proba na web NBCOlympics.com
venres, 4 de xullo do 2008- O reprodutor avanzado permite consultar os clips máis vistos, seguir eventos en directo e outras prestacións como a visualización de vÃdeos picture-in-picture
A tecnoloxÃa Silverlight,
resposta de Microsoft ao Flash de Adobe, vai aproveitar a chegada dos Xogos
OlÃmpicos para achegarse ao grande público, pois dende a web NBCOlympics.com
contarán cunha ampla
sección de vÃdeos na que se van poder consultar máis de 2.200 horas de
vÃdeo dende o evento, para o que contan cun reprodutor
multimedia desenvolvido coa tecnoloxÃa de Microsoft que, aÃnda que
está en probas, permite uns resultados bastante satisfactorios.
O reprodutor amosa a súa versatilidade cando accedemos á súa interface
avanzada, que nos abre unha porta a contidos en directo e a un arquivo
histórico de vÃdeos que sorprende por permitir ver varios vÃdeos á vez mediante
a técnica de picture-in-picture.
Dada a atención que terán os Xogos este verán, parece evidente que a sección de
vÃdeos da web da NBC sobre o evento vai ser a proba de lume que precisa a
tecnoloxÃa Silverlight 2 beta 2 para demostrar ao público do que é capaz.
- O modo básico do reprodutor segue o mesmo patrón de moitas plataformas televisivas na web