A tableta nVIDIA SHIELD K1 chega ao mercado a só 199,99 euros
mércores, 18 de novembro do 2015
Tras intentar popularizar unha curiosa
consola de videoxogos baseada en Android e construÃda sobre un gamepad tradicional, nVIDIA decidiu reformular
o seu Project SHIELD e transformouno
nunha tableta de 8 polgadas que destacaba pola súa grande potencial gráfica
e que está a renovarse de xeito que agora responde a nome de nVIDIA SHIELD Tablet K1 e que
mellora a autonomÃa con respecto ao modelo anterior e ofrécese ao atractivo prezo de
199,99 euros (recomendándose a adquisición dun mando SHIELD que custa 59,99
euros para poder gozar dunha mellor experiencia de xogo).
Estamos ante unha consola cunha pantalla de 8 polgadas cunha resolución de
1.920 x 1.200 pÃxeles, un potente procesador ARM A15 a 2,2 GHz con 2 GB de RAM
potenciado pola impresionante gráfica nVIDIA Tegra K1 de 192 núcleos, con 16 GB
de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámaras de 5 MpÃxeles,
Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, saÃda mini-HDMI, un grosor de 9,2 milÃmetros e un peso
de 356 gramos, que funciona con Android Lollipop e, aparte de Google Play,
tamén conta con software de nVIDIA, de xeito que non só estamos ante unha
tableta que corre xogos para Android, senón que tamén é compatible co servizo GeForce NOW,
que por 9,99 euros/mes permite xogar en streaming
(de até Full HD a 60 cadros por segundo) a máis de 50 xogos de éxito, dos que
algúns tÃtulos están incluÃdos na subscrición (como Killer is Dead – Nightmare Edition, GRID Autosport, DIRT 3, Batman: Arkham Origins, Ultra Street Fighter IV ou LEGO Batman 2) mentres que outros xogos
recentes precisarán da súa compra
(como The Witcher 3, Mad Max ou LEGO Jurassic World).
VÃdeo promocional de GeForce NOW