A tableta Surface 3 de Microsoft chega a España
xoves, 7 de maio do 2015
Microsoft
rematou marzo anunciando
a nova tableta Surface 3, que serÃa unha alternativa máis cativa, lixeira e
barata ao Surface Pro 3, e finalmente hoxe saÃu á venda en España, aÃnda que
confirmando un prezo que parece desproporcionado, xa que mentres en EE.UU.
custa a partires de 499 dólares (444 euros) en
España témola por un prezo de a partires de 599 euros, co detalle engadido
de que esta tableta non incluirÃa o stylus
de serie, senón que custarÃa 49,99 euros adicionais, de xeito que a diferencia
co seu irmán maior, en vez de ser duns 200 euros, poderÃa limitarse a uns 50
euros (xa que o Surface Pro 3 máis económico puido adquirirse en non poucas
ocasións a 699 euros aÃnda que o seu prezo oficial sexa de 799 euros).
A Surface 3 ten unha pantalla táctil de 10,8 polgadas cunha resolución de 1.920
x 1.280 pÃxeles, procesador Intel Atom de catro núcleos, soporte de tres
posicións, sistema operativo Windows 8.1 e unha autonomÃa de até 10 horas, e
está dispoñible en dúas configuracións diferentes: con 2 GB de RAM e 64 GB de almacenamento
interno a un prezo de 599 euros e con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento
interno por 719 euros. Está previsto que nos vindeiros meses teñamos un modelo
que inclúa conectividade móbil 4G.
Pode complementarse con accesorios como o mencionado lapis dixitalizador ou
cunha funda con teclado e trackpad (que custa 149,99 euros), un protector de
pantalla (54 euros) ou unha base que facilita o seu uso no escritorio (229
euros).
VÃdeo no que amosan as vantaxes da Surface 3 para estudiantes