A serie galego-portuguesa Lume estréase en Max
xoves, 19 de xuño do 2025
A plataforma de vÃdeo baixo demanda Max abre hoxe coa serie Lume en portada, un thriller xornalÃstico que afonda nas orixes dos incendios forestais que cada ano devastan a fronteira entre Galicia e Portugal. Rodada en galego e portugués, esta serie é unha coprodución entre a galega Setemedia e a portuguesa Coral Vision Europa, e propón unha mirada profunda e comprometida sobre os silencios que quedan despois de que se apague o lume.
Esta nova serie de ficción pode verse Ãntegra dende hoxe a través de Max, mañá estrea o seu primeiro episodio na RTP, e para poder ver o primeiro capÃtulo en aberto en Galicia teremos que agardar ao vindeiro dÃa 30, que será cando se estree a serie na TVG.
A historia segue a LucÃa, interpretada pola actriz galega Cristina Castaño, unha xornalista que vive en Lisboa e regresa á súa vila natal, Seara, despois dun incendio devastador. Ambientada nunha aldea da Raia Seca, Lume mergúllase nunha trama especulativa sobre os intereses ocultos que rodean os lumes forestais, cunha atmosfera densa e envolvente. A serie explora a problemática dos incendios desde unha perspectiva realista, fuxindo de tópicos e centrando a súa atención na complexidade emocional e social do mundo rural galego-portugués.
Escrita por Irene Pin e Sara Rodi, Lume é tamén un retrato Ãntimo sobre a identidade, as feridas familiares e as relacións entre dous territorios fondamente vencellados. A investigación xornalÃstica que sustenta a ficción achégalle unha dimensión polÃtica e ambiental que pretende conectar con audiencias internacionais, ofrecendo unha visión ata agora inédita sobre esta problemática.
A rodaxe desenvolveuse en distintas localizacións de Portugal, como Lisboa e Montalegre, e en varias zonas de Galicia, entre elas Cuntis, A Estrada, Dodro e Rois. Dirixida por Giselle Llanio (Saudade de ti, A Estiba) e Sérgio Graciano, a serie conta cun reparto de primeiro nivel: ademais de Cristina Castaño e o actor portugués Albano Jerónimo, participan Isabel Naveira, Alfonso Agra, Xúlio Abonjo e os novos talentos Grial Montes e David RodrÃguez.
Lume conta co respaldo internacional de ZDF Studios, que asumirá a súa distribución fóra da PenÃnsula, e co apoio institucional da AGADIC, Eurimages e a Deputación de Ourense.
